Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 16 April 1826 | |
Death | 2 September 1891 (aged 65 years) |
Biography
Federico Tapia Segade, nado na Coruña o 16 de abril de 1826 e finado na mesma cidade o 2 de setembro de 1891, foi un político galego. Foi alcalde da Coruña entre 1872 e 1873
Traxectoria
Foi alcalde da Coruña desde o 1 de febreiro de 1872 até o 24 de agosto de 1873. Durante o seu mandato sucederon dous acontecementos políticos de gran relevancia: a visita á cidade do rei Amadeo I e a chegada da Primeira República Española.
Federico Tapia pediu que o seu enterro fose civil, polo que o arcebispo, co apoio do gobernador civil Linares Rivas obrigou a que se realizase no cemiterio civil e que o cortexo fúnebre fose curto. Tras o enterro, ao que asistiron os líderes republicanos e unha multitude de persoas, tivo lugar unha ruidosa manifestación.
Recoñecementos
A cidade da Coruña adicoulle unha rúa do Ensanche en 1899. En 1937 a rúa designouse como Hortas de Garás, mais o cambio non chegou a ter efecto.
Predecesor: Joaquín López Cadenas | Alcalde da Coruña 1872 - 1873 | Sucesor: Luis Tettamancy |
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Datos do alcalde en estudoslocais.wikispaces.com (en castelán)
- Datos do alcalde en lacorunadesdemipuntodevista.blogspot.com.es (en castelán)
- Datos do alcalde en elpedazo.blogspot.com.es (en castelán)