Evaristo Eive Villar

Spanish resistance fighter
The basics

Quick Facts

IntroSpanish resistance fighter
PlacesSpain
isResistance fighter
Work fieldActivism Military
Gender
Male
Birth1903, Regoela, Cabanas, Cabanas, Galicia, A Coruña Province, Spain
DeathUruguay
Family
Siblings:Manuel Eive Villar
The details

Biography

Evaristo Eive Villar, nado en Regoela (Cabanas) en 1903 e finado no Uruguai, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Irmán de Manuel e José Eive Villar. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e botouse ao monte. Integouse no grupo liderado por José Vázquez Mauriz e Ramiro Martínez López que loitaba na bisbarra do Eume. Na primavera de 1944 organizou co seu irmán Manuel, Ramiro Carbón Fornos e José Vázquez Mauriz, un grupo guerrilleiro no que moitos dos membros eran desertores da base naval de Ferrol. Logrou embarcar en decembro de 1946 rumbo a Francia na evasión do Santa Teresa. Exiliouse no Uruguai.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 58. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 25 Dec 2023. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.