Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Xornalista e escritor galego | |
Places | Spain | |
was | Journalist Writer | |
Work field | Journalism Literature | |
Gender |
| |
Birth | 1888, Ourense | |
Death | 8 December 1965Oviedo (aged 77 years) |
Biography
Eugenio López Aydillo, nado en Ourense en 1888 e finado en Oviedo o 8 de decembro de 1965, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Nado en Ourense, dende moi novo alternou os estudos co traballo xornalístico. En 1907 comezou a súa actividade con Solidaridad Gallega e posteriormente colaborou con xornais madrileños como Heraldo de Madrid, La Iberia e El Gran Bufón. Dirixiu o xornal El Miño e fundou e dirixiu o quincenario Mi Tierra. Participou no Manifesto de Ourense (1912) con Basilio Álvarez, José Rodríguez Pavón e Ramón Fernández Mato.
En 1913 trasladouse a Madrid para estudar Filosofía e Letras. En 1917 fíxose cargo da cátedra de Historia da Universidade de Valladolid. Seguiu colaborando na prensa converténdose en director de Acción Gallega, escribindo en Vida Gallega, La Voz de Galicia, Estudios Gallegos, Suevia e sendo correspondente de Ideas.
Durante a República participou no inicio da actividade xornalística de El País, colaborou en Faro de Vigo e El Eco de Santiago e impartiu a única das conferencias do ciclo de actividades que tiña prevista a Asociación de Escritores de Galicia o 16 de xullo de 1936.
Funcionario de Facenda, no franquismo foi xefe da Delegación de Facenda de Oviedo e colaborou en La Región.
Obra
- Galicia ante la solidaridad, 1907.
- País de abanico. Teatro de ensueño, 1912.
- Las mejores poesías gallegas, 1914.
- Los grandes poetas gallegos. Valentín Lamas Carvajal (en colaboración con José Palacios), 1925.
- Los cancioneros gallegos portugueses como fuentes históricas. Con un glosario de voces del gallego arcaico, 1923.
- Presencia de Galicia en la historia de España, 1950.
Novela
- En la masa de sangre, 1918.