Eloy Artime Pérez

Spanish politician
The basics

Quick Facts

IntroSpanish politician
PlacesSpain
wasPolitician
Work fieldPolitics
Gender
Male
Birth30 October 1872
Death28 May 1929 (aged 56 years)
The details

Biography

Eloy Artime Pérez, nado en Padrón o 30 de outubro de 1872 e finado en Compostela o 28 de maio de 1929, foi un político galego.

Traxectoria

Quedou orfo con 12 anos e buscou emprego como dependente en Santiago. Con 20 anos estableceu un bazar na rúa da Caldeirería. En 1902 casou no pazo arcebispal de Lestrobe con Camila Astray, filla do médico de Lestrobe, oficiando a cerimonia Salustiano Portela Pazos.

Foi un cualificado representante da opinión pública en Padrón e en Santiago, ocupando importantes cargos, como portavoz da Defensa do Progreso de Padrón, alcalde de Santiago, presidente da Liga de Amigos de Santiago e socio fundador da Sociedad de Amigos del país. Formou parladoiro entre outros con Valle Inclán, Raimundo López Pol, o doutor Devesa e Portela Pazos, entre outros.

A súa inclinación política era republicana, sendo directivo do Centro Republicano de Santiago.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.