Biography
Lists
Also Viewed
The basics
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Death | 1949 |
The details
Biography
Elías López Armesto, coñecido como Pájaro, nado en Teilán (Bóveda) en 1911 e finado na mesma parroquia en 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Irmán de José López Armesto. Incorporouse á guerrilla e foi membro da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, e un dos lugartenentes de Xosé Castro Veiga. O 22 de xuño de 1949 os disparos dun infiltrado acabaron coa vida dos seus compañeiros Manuel Fernández Soto e Bernardo Álvarez Trabajo en Teilán. Elías resultou malferido, conseguiu fuxir e refuxiarse no monte, onde morreu pouco tempo despois. Un pastor atopou o seu cadáver devorado por animais case un mes máis tarde. Foi soterrado no cemiterio de Teilán, nun lugar diferente ao dos outros dous guerrilleiros.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha en Nomes e Voces.
- Ficha en Represión franquista en Lugo
- Ficha en Los de la sierra(en francés)