Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Spanish sculptor and ceramist | ||
Places | Spain | ||
is | Artist Sculptor | ||
Work field | Arts | ||
Gender |
| ||
Birth | 1932, Spain; Spain | ||
Age | 93 years | ||
Family |
|
Biography
Elena Colmeiro González, nada en Costela (Silleda) en 1932, é unha escultora galega.
Traxectoria
Filla do pintor Manuel Colmeiro, trasladouse coa súa familia a Buenos Aires cando contaba nove anos. A partir de 1948 realizou, durante cinco anos, estudos técnicos e de pedagoxía para ao obtención do título de profesorado.
Comezou a expor moi nova e obtivo o seu primeiro galardón, entre estudantes, en 1952. A inicial mostra persoal da súa peculiar arte de ceramista eminentemente creadora, en formas e texturas, efectuouna en 1954, na capital arxentina. Regresou a España en 1955 e ao ano seguinte expuxo en Vigo, na desaparecida Sala Velázquez que funcionaba en dependencias do teatro Fraga.
Leva a súa obra a Madrid, onde sorprende a súa inventiva e modernidade, e en 1964 é bolseira pola Fundación March. A partir deses anos as súas creacións percorren o mundo en colectivas organizadas por institucións oficiais españolas. En 1966 obtivo o primeiro premio na Bienal de Uruguai, ao ano seguinte a medalla de ouro en Faenza, Italia, cidade emblemática da cerámica, e bolsa de estudos para Estados Unidos, novamente da man da fundación March.
As súas exposicións, persoais ou colectivas, sucédense por España e medio mundo. Realiza un mural cerámico para o aeroporto da Lavacolla, en Santiago, en 1980, e ao final desa década, unha escultura que se sitúa na autoestrada de Compostela á Coruña.
Entre as súas grandes mostras persoais está a trixésima de "Grandes Artistas Galegos" no Centro Cultural Caixavigo, en 1994; a do quiosco Alfonso, na Coruña, e a da fundación Caixa Galicia, na mesma cidade.
Está representada en numerosos museos de España, Europa e América, entre eles o de Castrelos, en Vigo, así como en coleccións institucionais e particulares.
Elena Colmeiro non é exactamente e só, ao modo convencional, unha ceramista, senón realmente unha escultora; unha creadora de formas no espazo, de concepción moi abstractiva, con síntese nas que as referencias se estilizan, modifícanse, renóvanse, para absorber unha longa tradición na que está toda a escultura do século XX. As súas curvaturas en espiral, con oquedades que se integran no volume resultante, son extraordinariamente atractivas, e ditas coma se caprichosamente fosen manifestacións violentas da natureza logo dun cataclismo, que o artista acariñou, dominado, modificado ao seu gusto.
Ás veces, as súas obras semellan vagos recordos arqueolóxicos emparentables co mundo grego arcaico, e outras son fragmentos de construcións imposibles que o capricho mantivo milagrosamente en pé. A súa enorme inventiva colocou a Elena Colmeiro nun lugar destacado da vangarda do ceramismo escultórico, con recoñecemento internacional.
Véxase tamén
Bibliografía
- Areán, Carlos (1967): Artes aplicadas en España del siglo XX. Madrid.
- Campoy, A. M. (1973): Diccionario crítico del Arte Español Contemporáneo. Madrid, Ibérico Europea de Edic.
- Colmeiro, Elena (1994): Grandes Artistas Galegos. Vigo, Caixavigo.
- Diego; Sobrino; Sarmiento (1995). A arte inexistente: as artistas galegas do século XX (PDF). Auditorio de Galicia.
- Gaya Nuño, J. A.: Arte del siglo XX. Madrid, Edit. Plus Ultra.
- Pablos, Francisco (1981): Plástica galega. Vigo, Caixavigo.
- Sterr-Brtiz, H. (1980): Contemporany Internacional Ceramics 1980. Köln, Du Mont Bucheralag.
- VV.AA. (1980): II Bienal de artistas galegas. Concello de Vigo.
Ligazóns externas
- Elena Colmeiro na Colección Afundación.
- A súa páxina persoal (en castelán).
- Ficha na web do Concello de Silleda