Eduardo Rolland Etchevers, nado en Vigo o 4 de novembro de 1969, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Licenciado en Xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Traballou como redactor nos xornais Expansión e Faro de Vigo. Actualmente traballa de forma independente, aínda que colabora co diario La Voz de Galicia e dirixe a web Ciencia Galega.
Obra
Libros publicados
- Galicia, rutas con historia (1997, Prensa Ibérica).
- Historia ilustrada de Vigo (colectivo, 1998, Prensa Ibérica).
- Phiccións (2000, Xerais).
- La Batalla de Rande (2002, Prensa Ibérica).
- Galicia en guerra (2006, Xerais).
- Vigo, a cidade das ondas (2009, Lunwerg).
- Reconquista. Vigo en armas (2009, Xerais).
- Galicia (2011, National Geographic Society).
Produción audiovisual
- Serie documental Do Miño ao Ulla (12 capítulos) (Produtora Faro, 1998).
- Documental A Arañeira, Galicia en Guerra (Produtora Faro, 2006).
- Documental Crimes en Galicia (Articket Media, 2006).
- Documental "Novo Vigo Vello" (TVE, 2011)
- Serie documental "As Raíces da Industria Galega" (guionista) (13 cap.) (TVG, 2013)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas