Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 2 March 1886 | |
Death | 2 November 1973 (aged 87 years) |
Biography
Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, nado na Coruña o 2 de marzo de 1886 e finado na mesma cidade o 2 de novembro de 1973, foi un arquitecto e compositor galego. Losada constitúe o caso do compositor diletante, cuxo vínculo coa música é vocacional, xa que a súa profesión foi a de arquitecto.
Traxectoria
Era fillo do coronel de artillería Camilo Rodríguez-Losada y Ozores, fundador das escolas populares gratuítas da Coruña, e de Felipa Rebellón y Vázquez.
Casou en Vilagarcía con María Trulock Bertorini o 15 de outubro de 1913, coa que tivo dez fillos. O 4 de marzo de 1914 foi nomeado arquitecto provincial da Coruña (inicialmente interino), con 3.000 pesetas de soldo. Tamén foi tesoureiro da Sociedade Filharmónica da Coruña, vogal do Orfeón El Eco e presidente da Asociación de Arquitectos de Galicia. En 1918 deseñou un proxecto de "reforma e ensanche da vila" de Muxía. En 1928 foi nomeado presidente do EMDEN Foot-ball Club, daquela o segundo club de fútbol máis importante da Coruña. O 2 de maio de 1941 foi nomeado Académico de Número da Sección de Arquitectura da Real Academia de Nosa Señora do Rosario e máis tarde, o 28 de novembro de 1954, Académico de Honor.
As súas obras orixinais foron doadas polos seus fillos á Real Academia Nuestra Señora del Rosario da Coruña. Tamén se poden atopar copias na Fundación March, na Sociedade de Autores e na Propiedade Intelectual.
Obra musical
Dada a súa longa vida, o compositor mantivo un particular eclecticismo, que impregna toda a súa produción, na que destaca especialmente o gran formato orquestral, con partituras como El gnomo, cuxo título evoca o poema sinfónico Los gnomos de la Alhambra do Chapí máis alhambrista.
Son especialmente sobranceiras as súas catro sinfonías e o Concerto para piano e orquestra, aínda que se por algún xénero musical é especialmente lembrado ese é o operístico, no que empregou como base argumental lendas e feitos históricos de Galiza. Este é o caso da ópera O Mariscal, drama estreado no Teatro Tamberlick de Vigo en 1929, con texto dos escritores e políticos galegos Antón Villar Ponte e Ramón Cabanillas.
Óperas
- El Monte de las ánimas (orixinal de G. A. Bécquer. Verso de Núñez de Cepeda; 1927). Estreada e dirixida polo autor o 6 de maio de 1927 no Teatro Rosalía de Castro, e representada no Teatro Principal de Santiago o 22 de maio.
- O Mariscal (libro en galego de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte; 1929). Estreada e dirixida polo autor o 31 de maio de 1929 no Teatro Tamberlick de Vigo.
- ¡Ultreya! (libro de Armando Cotarelo; 1935). Estreada o 12 de marzo de 1935 no Teatro de La Zarzuela de Madrid.
- El Gran Teatro del mundo (libro de Calderón de la Barca). Existe un borrador para voz e piano. Sen estrear.
Poemas sinfónicos
- El diablo mundo (ballet; coreográfico. Autógrafo)
- El miserere (sobre textos de Gustavo Adolfo Bécquer. Autógrafo)
- Los Caneiros (impresión sinfónica. Autógrafo; 1946). Interpretada o 17 de novembro de 1946 pola Orquesta Sinfónica de Bilbao dirixida por Jesús Arrámbarri no Teatro Buenos Aires de Bilbao.
- El Gnogmo (sobre unha lenda de Gustavo Adolfo Bécquer. Autógrafo; 1925). Estreado o 8 de maio de 1925 pola Orquesta Sinfónica de Madrid, dirixida por Enrique Fernández Arbos no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
- La Santa Compaña (sobre libro de Rey de Viana; autógrafo; existe redución para piano e borrador.
Sinfonías
- Sinfonía en Sol menor (autógrafo; existe unha transcrición para dous pianos en manuscrito)
- Sinfonía en La menor (autógrafo, 1949). Estreada o 4 de decembro de 1949 pola Orquestra Municipal da Coruña e dirixida por Rodrigo A. de Santiago no Teatro Rosalía de Castro.
- Sinfonía en Do menor (autógrafo).
- Sinfonía en Re menor (autógrafo).
- Concierto para piano y orquesta en Si bemol (autógrafo). Estreado o 29 de maio de 1955 pola Orquestra Sinfónica Municipal da Coruña e dirixida por Rodrigo A. de Santiago. Pianista Pilar Cruz. No Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Música de cámara
- Colección de 9 cuartetos
- Coleccion de 3 tríos; O nº 1 estreado o 26 de xaneiro de 1948 na Escola Naval da Coruña. Violín: Horacio Rodríguez Nache. Violoncello: José Béjar. Piano: Pilar C. Rodríguez Nache. Violoncello José Béjar e Piano Pilar Cruz.
- Preludio en Sol mayor para dos violines y piano. Adicado á súa filla Carmen Losada-Trulock
- 4 sonatas para piano
Gravacións (conservadas no arquivo sonoro de Radio Nacional de España)
- Trío en Sol menor (2 de febreiro de 1971)
- Trío en Re menor (3 de decembro de 1969; Intérpretes: Isabel Picaza, Eduardo Hernández Asiaín e Carlos Baena Intérpretes: Isabel Picaza, Eduardo Hernández Asiaín e Carlos Baena)
- Trío en Do menor (11 de novembro de 1972; Intérpretes: Ana Mª Gorostiaga, Carlos Baena e Eduardo Hernández Asiaín.
- Cuarteto en Do menor (13 de novembro de 1972)
- Cuarteto en Sol menor (24 de abril de 1974; Intérpretes: Cuarteto clásico de RTVE)
Obra arquitectónica
Rodríguez-Losada formou con Pedro Mariño e Leoncio Bescansa o grupo de arquitectos que desenvolveron o eclecticismo arquitectónico na cidade da Coruña. Formou parte ademais da sociedade que impulsou a construción da Cidade Xardín, na que proxectou a "Villa Felisa", na que viviu coa súa familia entre 1924 e 1939.
Entre os moitos edificios que deseñou na cidade da Coruña destacan o chalé Escudero (1913), a casa Cortés (1918), a casa Escariz na praza de Pontevedra (1927) e o colexio notarial (1927-1932). En marzo de 1928 presentou un proxecto para a construción do novo Hospicio Provincial nos terreos da Granxa Experimental da Coruña e en abril de 1929 foi designado polo Concello da Coruña para realizar o "proxecto de execución das obras da praia e plataformas no balneario de Riazor".
Fóra da cidade deseñou o edificio José Carrera en Corcubión (1924).
Nº 18 da rúa de santo André (A Coruña, 1917)
Casa Cortés, na esquina da praza de Galicia coa rúa de Ferrol (A Coruña, 1918)
Villa Felisa, na Cidade Xardín da Coruña (1924)
Sede de The Anglo-South American Bank no Cantón Pequeno (A Coruña, 1925)
Casa Ameixeiras, na praza de Lugo (A Coruña, 1925)
Edificio na rúa de Francisco Mariño (A Coruña, 1926)
Casa Escariz na praza de Pontevedra (A Coruña, 1925-1930)
Nº 158-160 da rúa de santo André (A Coruña, 1930)
Nº 38 da rúa de santo André (A Coruña, 1944)