Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 1887 | |
Death | 28 June 1937 (aged 50 years) |
Biography
Eduardo Puente Carracedo, coñecido como O Nécoras, nado en Santiago de Compostela en 1887 e finado na mesma cidade o 28 de xuño de 1937, foi un sindicalista e librepensador galego.
Traxectoria
Fillo de Antonio Puente Arrochena, dunha familia de panadeiros. Foi un dos fundadores da Juventud Liberal e participou nun mitin en lembranza de Ferrer i Guardia en 1910. Emigrou a Arxentina e destacou en Tierra de Fuego como un dos alicerces da Federación Obrera de Magallanes, pasou un ano na prisión de Ushuaia e foi deportado en 1921. Retornou a Santiago de Compostela e foi asesor do Sindicato de Panaderos La Espiga da CNT. A mediados dos anos 20 dirixiu o negocio familiar afastándose da organización obreira. Na República fíxose célebre por rexentar unha taberna no Pombal denominada El Infierno e polas súas actitudes anticlericais. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 buscou refuxio nos restos do Castelo da Rocha Forte, pero foi capturado, estivo preso e foi asasinado na ponte da Rocha, no lugar da Amañecida, en Compostela.
A súa vida serviu de inspiración para a novela Home sen nome de Suso de Toro.