Edmundo Roberes Alonso

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
wasJournalist Drawer
Work fieldArts Journalism
Gender
Male
Birth1875, Pontedeume, A Coruña Province, Galicia, Spain
DeathOctober 1923Pontedeume, A Coruña Province, Galicia, Spain (aged 48 years)
The details

Biography

Edmundo Roberes Alonso, nado en Pontedeume cara a 1875 e finado no mesmo concello en outubro de 1923, foi un debuxante e xornalista galego.

Traxectoria

Fillo do maxistrado José María Roberes Tomasí e Indalecia Alonso Roberes. Padeceu escrófula, enfermidade que o obrigou a levar máscara. Estudou o bacharelato no Instituto de Ourense, onde foi alumno de debuxo de José Mendiguchía. Colaborou en El Lucense, La Opinión, El Áncora, Heraldo de Galicia, El Correo Español, El Eco de Santiago, Galicia, La Voz de Galicia, e foi correspondente en Pontedeume de El Eco de Galicia. Foi nomeado oficial de Facenda Pública da Coruña en 1898. Fundou e dirixiu o periódico El Eco de Puentedeume que despois se transformou en Galicia Pintoresca. Finou en Pontedeume en outubro de 1923.

Notas

  1. El Eco de Galicia, 31-12-1909, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 23-10-1923, p. 3.
  3. El Correo Gallego, 24-10-1923, p. 2.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 11 Dec 2023. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.