Edmundo Maseda Maseda

Spanish politician
The basics

Quick Facts

IntroSpanish politician
PlacesSpain
isPolitician
Work fieldPolitics
Gender
Male
Politics:Spanish Socialist Workers' Party
The details

Biography

Edmundo Maseda Maseda é un labrego e político galego do PSdeG.

Traxectoria

Presidente da asociación veciñal Fraga das Lerias, foi elixido concelleiro do Valadouro nas listas do PSdeG nas municipais de 2011, e pasou a ser o voceiro municipal desa formación en 2013, cando o anterior cabeza de lista, Jose Luis García Rubal, presentou a súa dimisión. En xuño de 2013 liderou unha moción de censura do seu partido, a formación conservadora UDIVAL e o BNG contra o ata daquela alcalde popular José Manuel Lamela, que venceu, polo que se proclamou alcalde do Valadouro. Foi reelixido alcalde tralas eleccións municipais de 2015 e 2019.


Predecesor:
José Manuel Lamela
 
Alcalde do Valadouro
 
2013 -
Sucesor:
no cargo

Profesionalmente, Edmundo Maseda é labrego e dirixe unha explotación de faba de produción ecolóxica. É sobriño-neto do acordeonista Eladio Maseda.

Notas

  1. A alcaldía do Valadouro xa é socialista, El Progreso, 4/6/2013.
  2. "A alcaldía do Concello do Valadouro pasa a ser socialista". El Progreso de Lugo (en castelán). 2013-06-04. Consultado o 2020-02-07. 

Véxase tamén

Outros artigos

  • Eleccións municipais no Valadouro
The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 24 Jul 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.