Biography
Lists
Also Viewed
The basics
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 24 May 1969 | |
Age | 55 years |
The details
Biography
Dulce María Fernández Graña, nada na Coruña o 24 de maio de 1969, é unha filóloga e tradutora galega.
Traxectoria
Licenciada en Filoloxía Galego-portuguesa pola Universidade da Coruña no 1992, exerce como profesora de ensino secundario en Malpica de Bergantiños. Foi cofundadora da Asociación Amigos de Azertyuiop (editora dos Cadernos de Azertyuiop) en 1995, xunto a François Davo, Alfredo Ferreiro e Tati Mancebo. A súa tese de doutoramento versou sobre Edición crítica e estudo dos textos anónimos da lírica profana medieval galego-portuguesa, sendo lida no 2008.
Obra en galego
Traducións
- Inés de Castro, de Madame de Genlis, con François Davo, 1997, Espiral Maior. Do francés para o galego.
- As palabras, de Jean-Paul Sartre, con François Davo, 1999, Laiovento, reeditado en 2005 por La Voz de Galicia. Do francés para o galego.
- As auténticas memorias da Bela Otero, de Caroline Otero, con François Davo, 2001, Xerais. Do francés para o galego.