Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Spanish association football player | ||||
Places | Spain | ||||
is | Athlete Football player Association football player | ||||
Work field | Sports | ||||
Gender |
| ||||
Birth | 21 November 2001, Badajoz, Badajoz Province, Extremadura, Spain | ||||
Age | 23 years | ||||
Star sign | Scorpio | ||||
Family |
|
Biography
David Mosquera Rey, nado en Badaxoz o 21 de novembro de 2001, é un futbolista galego que xoga como dianteiro no Alondras, da Terceira División RFEF. É fillo do exfutbolista e adestrador Manuel Mosquera e irmán máis novo do tamén futbolista Manu Mosquera.
Traxectoria
Naceu en Badaxoz en 2001, na época na que seu pai, o histórico dianteiro do CF Extremadura Manuel Mosquera, militaba no desaparecido club estremeño. En 2015 incorporouse ás categorías inferiores do Deportivo da Coruña, por onde pasaran tamén seu pai e seu irmán Manu. Despois de dous anos no club branquiazul, xogou nas canteiras do Victoria coruñés e do Ural, antes de regresar a terras estremeñas cando seu pai colleu as rendas do Extremadura UD.
Pasou polo equipo xuvenil do Extremadura e polo filial, ata que na tempada 2021/22 debutou co primeiro equipo na Primeira División RFEF da man de seu pai. A súa estrea produciuse na xornada 18, nun histórico partido ante o Real Unión no Stadium Gal que acabou con vitoria por 0-1, e onde coincidiu no campo con seu irmán. Foi a derradeira vitoria do club, que desapareceu pouco despois. Manu fichou entón polo Calamonte, onde xogou brevemente antes de volver a Galicia.
En agosto de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Alondras, da Terceira División RFEF.
Notas
- ↑ "David Mosquera llega al Alondras con hambre de gol". Faro de Vigo (en castelán). 20 de agosto de 2022. Consultado o 1 de abril de 2023.
- ↑ Morán, Rodrigo (8 de xaneiro de 2022). "Un Extremadura de leyenda en Irún" (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2023.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán)