Cristina Amenedo

The basics

Quick Facts

A.K.A.Cristina Picos Villar
A.K.A.Cristina Picos Villar
PlacesSpain
Gender
Female
Birth17 October 1925
Death19 August 2011 (aged 85 years)
The details

Biography

Cristina Picos Villar, coñecida como Cristina Amenedo, nada en San Martiño de Porto (Cabanas) o 17 de outubro de 1925, e falecida o 19 de agosto de 2011 na Coruña, foi unha escritora galega.

Traxectoria

Estudou para mestra na Coruña e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu o ensino ao longo da súa carreira.

Comezou a escribir durante o franquismo, cando publicou artigos e poemas en xornais e revistas literarias como La Noche, El Correo Gallego, Galicia Emigrante, Galicia en Madrid, Alforja, La Voz de Galicia, ou El Ideal Gallego. A partir de 1983, cando publicou Mar aberto, simultaneou o galego e o castelán na súa escrita.

Obtivo diversos galardóns menores, como o Premio Manos Unidas en tres ocasións, o Premio Juan Ramón Jiménez por unha obra de homenaxe ao autor andaluz ou o Premio Pérez Lugín.

Obra

Poesía

  • La niña Saral, balada elegíaca (1979).
  • Mar aberto (1983).
  • Silvo de vento mareiro (1988).
  • Con el tiempo y el silencio (1992).
  • Playa sorlinga (1992).
  • Ledicia: unha loita contra o desánimo, a esperanza (1997).
  • Corazón al viento: poemas en castellano y poemas en gallego (1997).

Novela e ensaio

  • Juan Ramón Jiménez, ruiseñor universal (1981).
  • Jerónimo Emiliani. Un somasco divino (1985).
  • Galicia, ruta de la espiritualidad (1993).
  • Jesús el galileo, una doctrina impar (1996).
  • Vivir siempre en despedida (1996).

Vida persoal

Colleu o pseudónimo do apelido do seu home, Fernando Amenedo. Foi soterrada en Franza (Mugardos).

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.