Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Sculptor | |
A.K.A. | Cornelis de Holanda Cornielis de Olanda Cornielis Holanda C. de Holanda Cornuales de Holanda Cornieles de Holanda | |
A.K.A. | Cornelis de Holanda Cornielis de Olanda Cornielis Holanda C. de Holanda Cornuales de Holanda Cornieles de Holanda | |
was | Artist Sculptor | |
Work field | Arts | |
Gender |
| |
Birth | 1 January 1495 | |
Death | 1 January 1547 (aged 52 years) |
Biography
Cornielles de Holanda, chamado tamén Cornelis de Holanda, foi un escultor do século XVI de orixe flamenga que traballou en Galiza.
Obras
En 1520 realizou o retablo da capela maior da catedral de Ourense. A peza ten cinco corpos e seis columnas, representando escenas da vida de Xesús Cristo e a Virxe María. Destacan as esculturas da columna central de tres corpos, correspondentes a San Martiño, a Asunción da Virxe e a Piedade.
Na igrexa de Santiago de Betanzos fixo a capela de San Pedro e San Pablo, tamén chamada do Arcediago, por ser encargada polo arcediago Pedro López de Ben. O retablo, de estilo plateresco, encaixa coa bóveda de estilo gótico tardío atribuída a Guillén de Bourse. O conxunto complétase cos sepulcros do fundador e outros familiares e unha reixa gótica de ferro fundido atribuída tamén a Cornelis.
Na catedral de Lugo construíu o retablo do altar maior, que sufriu graves danos no terremoto de Lisboa de 1755; os dous fragmentos maiores salvados encóntranse colocados nos extremos da nave do cruceiro do templo.
Na basílica de Santa María a Maior de Pontevedra, aparece documentada a súa presenza a partir de 1538, cando deu poder a Sebastián Barros para «labrar e hedificar» na nave do lado nordeste. Participou na portada sur con Jácome García e en 1540 iniciou a gran fachada principal en colaboración co mestre de obras da catedral, o portugués João Nobre «para hacerla entrambos a dos de por medio». A fachada está construída a xeito de retablo con tres corpos e numerosas figuras escultóricas, similar á custodia da catedral de Santiago realizada por Enrique de Arfe. No Museo de Pontevedra hai unah imaxe de San Sebastián atribuída a Cornelis.
Deseñou tamén a capela da Concepción da catedral de Santiago de Compostela e a capela do Hospital Real de Santiago.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Otero Pedrayo, R.: Guía de Galicia. Ed. Galaxia, 1980. ISBN 978-84-7154-365-3.