Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 3 August 1784 | |
Death | 3 November 1857 (aged 73 years) |
Biography
Claudio González Zúñiga, nado en Pontevedra o 3 de agosto de 1784 e finado na mesma vila o 3 de novembro de 1857, foi un médico, historiador e político galego.
Traxectoria
Combateu durante a Guerra da Independencia Española, sendo distinguido co Foro Militar e cunha pensión vitalicia. En 1815 fíxose frade da orde de San Xoán de Deus, pero trala desamortización desapareceu a orde e marchou do hospital.
En 1823 foi elixido alcalde de Pontevedra. Trala fin do Trienio Liberal foi perseguido polas sociedades secretas Estrella e El Ángel Exterminador. Refuxiouse nun barco contrabandista en Beluso (Bueu), pero caeu en mans inimigas. Foi desterrado por un tribunal eclesiástico a Seixido (A Lama), e despois foi condenado a catro meses de reclusión no convento de Herbón. A pesar da amnistía xeral do 1 de maio de 1824, aínda pasou ano e medio recluído en Chamadoira (Cerdedo-Cotobade). Ao regreso a Pontevedra defendeu a capitalidade provincial na división territorial de España en 1833, fronte á corrente liderada por Francisco Javier Martínez Enríquez Sarmiento de Valladares, marqués de Valadares, que defendía que fose Vigo. Foi deputado pola provincia de Pontevedra na lexislatura 1840-1841.
Licenciado en medicina e cirurxía, axudou a combater a vaga de cólera que asolou a comarca no inverno de 1833.
Foi director do Instituto de Ensino Secundario. Leva o seu nome unha rúa de Pontevedra, trala capela da Virxe Peregrina.
Obra
- Historia de la medicina y cirujía (1822)
- Descripción Económica de la provincia de Pontevedra (1834)
- Historia de Pontevedra (1846)
- Descripción geográfica, estadística, económica e histórica de la ciudad capital de Pontevedra y sus hombres célebres (1848)
- Diccionario de los jeroglíficos que contienen las medallas antiguas romanas (1854)