Claudio Cuveiro

صحفي إسباني
The basics

Quick Facts

Introصحفي إسباني
A.K.A.Claudio Cuveiro González
A.K.A.Claudio Cuveiro González
PlacesSpain
isJournalist
Work fieldJournalism
Gender
Male
Death27 December 1915
The details

Biography

Claudio Cuveiro González, nado en Pontevedra e finado en Barcelona o 27 de decembro de 1915, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

Colaborou, xunto con Antolín Esperón e Manuel Ángel Couto, no semanario Las Musas del Lérez de Pontevedra. Escribiu artigos para os xornais El Alerta (1864-1865) e El Buscapié (1865-1868), e para a Revista de Primera Enseñanza (1865-1870). Dirixiu o Diario de Pontevedra en 1879. Como autor teatral estreou en 1881 no Teatro Variedades de Madrid a peza Qué noche! Tamén foi animador de numerosos parladoiros científicos, xunto con Octavio Lois Amado ou Heliodoro Gastañaduy. Escribiu un Tratado de la buena educación o sean Reglas para conducirse los niños en sociedad (1866) con José Benito Juncal, a comedia Furor de asociación (estreada en 1866) e publicou a primeira versión en castelán da obra de Ernst Haeckel Natürliche Schöpfungsgeschichte (1868) co título Historia de la creación de los seres orgánicos (1878).

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.