Celia Díaz

The basics

Quick Facts

A.K.A.Celia Díaz Nüñez
A.K.A.Celia Díaz Nüñez
PlacesSpain
Gender
Female
Birth1961, O Páramo
Age64 years
The details

Biography

Celia Díaz Nüñez, nada nas Eiras (O Páramo) en 1961, é unha escritora galega.

Traxectoria

Aos poucos anos trasladouse a Quiroga. Tras estudar o bacharelato en Monforte de Lemos, é licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomada en Maxisterio pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo. Reside en Ourense, onde exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura en Ensino Secundario, actividade que compaxina coa docencia universitaria na Facultade de Ciencias da Educación na materia de Didáctica da Lingua Galega.

Obras

Literatura infanto-xuvenil

  • Adeliña, 2004, Deputación de Ourense, narrativa.
  • Cataventos e cía. ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta, 2008, Baía Edicións, teatro.
  • Rugando, 2012, Deputación de Ourense, narrativa.
  • Velaí vai o papaventos, 2014, teatro.
  • A boca do monte, 2016, Galaxia, narrativa.

Narrativa

  • Unha verdade amarga, 2017, Galaxia.

Ensaio

  • Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores, 1995, Concello de Quiroga.
  • Resta de letras, 2002, Xerais.

Premios

  • I Premio Pura e Dora Vázquez de Creación Literaria no 2004, por Adeliña.
  • II Premio Internacional Barriga Verde de Textos para monicreques (modalidade infantil) no 2004, por Cataventos e cía..
  • Primeiro premio no XL Concurso Breogán de Contos convocado polo Centro Galego de Barakaldo no 2007, por Un tango na noite.
  • Premio Pura e Dora Vázquez de Creación Literaria, no 2011, por Rugando.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.