Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Agrarista e político galego | |
Places | Spain | |
was | Politician | |
Work field | Politics | |
Gender |
| |
Birth | 8 January 1894, Amoeiro | |
Death | 25 August 1936Beade (aged 42 years) |
Biography
Castor Sánchez Martínez, nado en Parada de Amoeiro (Amoeiro) o 8 de xaneiro de 1894 e finado en Beade o 25 de agosto de 1936, foi un agrarista e político galego.
Traxectoria
Canteiro, foi representante dos traballadores nas obras do ferrocarril. Loitador pola abolición dos foros, foi presidente das sociedades agrarias en Parada de Amoeiro. En 1919 marchou a Francia para evitar as represalias pola súa loita como agrarista, retornando en 1921. Fundou en Parada de Amoeiro a UGT e a Agrupación Socialista de Amoeiro, da que foi o seu primeiro secretario. Coa chegada da Segunda República foi elixido alcalde de Amoeiro o 5 de xuño de 1931. O 11 de outubro de 1934 foi cesado e deportado. Regresou a Amoeiro en xaneiro de 1935. O 20 de febreiro de 1936 asumiu novamente a alcaldía de Amoeiro. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e o 25 de agosto asasinado na estrada Berán-Beade, no cruzamento de Beade. Pouco antes os falanxistas asasinaron a Antonio Pérez Gutiérrez "Pinante", na estrada de Amoeiro a Parada. Ámbos foron soterrados no ceminterio de Beade.
Colaborou en La Zarpa, La República e La Lucha, utilizando ás veces o pseudónimo José del Arroyo.
Predecesor: ? | Alcalde de Amoeiro 1931 - 1934 | Sucesor: Manuel Vázquez González |
Predecesor: José María González González | Alcalde de Amoeiro 1936 | Sucesor: ? |