Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Historiador, escritor e artista galego | |
Places | Spain Uruguay | |
is | Writer Essayist | |
Work field | Literature | |
Gender |
| |
Birth | 24 March 1959, Montevideo, Montevideo Department, Uruguay | |
Age | 65 years | |
Star sign | Aries |
Biography
Carlos Pereira Martínez, nado en Montevideo o 24 de marzo de 1959, é un historiador, escritor e artista plástico galego.
Traxectoria
Reside na actualidade na Coruña. Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade Historia, pola Universidade Nacional de Educación a Distancia, realizou os Cursos de doutoramento en Historia Medieval no Departamento de Historia Medieval, Moderna e Ciencias e Técnicas Historiográficas da UNED. Traballa na súa tese de doutoramento sobre A Orde do Temple nos reinos de Galicia e León. Profesionalmente é Historiador do Concello de Culleredo.
É membro numerario da Sociedad Española de Estudios Medievales, da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ex vicepresidente da Asociación Cultural Estudios Históricos de Galicia, do Padroado e do Consello Reitor da Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais, da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, do Ateneo Republicano de Galicia, do Consello de Redacción da revista Dez-Eme, da Fundación 10 de Marzo de Comisións Obreiras e do Comité científico da revista Anuario Brigantino do Concello de Betanzos. Tamén formou parte do colectivo poético Os habitantes do lago, e foi un dos fundadores do grupo de teatro Maiolongo de Culleredo en 1976.
Colabora coa Asociación de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA), e ten participado, en exposicións artísticas individuais ou colectivas en toda Galicia.
Obras
Ensaio
- Sésamo e Sueiro. Dende a Prehistoria á Idade Media, 1997.
- Fábrica de Armas de A Coruña. Seis décadas de historia, 1998, edición do autor.
- Historia das parroquias de Sésamo e Sueiro, 1998, Asociacións de Veciños de Sésamo-Sueiro, 1997.
- Anxo Senra Fernández. Vida e obra, 1999, Toxosoutos.
- Os templarios. Artigos e ensaios, 2000, Toxosoutos. Versión en castelán na mesma editora en 2002.
- A Cultura en Culleredo na IIª República: o 'Ateneo de la Villa de Rutis', 2001, Ateneu Libertario Ricardo Mella.
- Asociacionismo e movemento obreiro en Oleiros (1900-1936), 2002, Trifolium.
- A Galicia heterodoxa, 2010, Espiral Maior.
Poesía
- Río Alzheimer, 2013, Alvarellos.
Edicións
- Miradoiro da Ría. Artigos en El Metropolitano e El Entorno Metropolitano, 2001, edición do autor.
Obras colectivas
- Culleredo, 1996, Concello de Culleredo. Con Pablo Bouza e Belia Bellón López.
- Homenaxe a Eduardo Blanco Amor, 1998, Espiral Maior. Coeditor con Miguel Anxo Fernán-Vello.
- O que fixeron en Galicia. 1936, 1998, A Nosa Terra.
- Germinal. Centro de Estudios Sociais (Cultura obreira na Coruña, 1902-1936), 2003, Briga. Con Ana Romero Masiá.
- O orballo da igualdade. Asociacionismo femenino progresista na Coruña, 2005, Baía Edicións. Con Ana Romero Masiá.
- Sociabilidade e Librepensamento, 2005, Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais.
- Xente no Camiño: mostra de pintura e debuxo sobre a imaxe dos galegos da Baixa Idade Media, 2005, Deputación da Coruña. Con Alfredo Erias e Xulio L. Valcárcel.
- Actas do II Congreso da Memoria. A Segunda República e a Guerra Civil, 2006, Edicións Embora.
- Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, 2011, Fundación Luís Tilve. Con Ana Romero Masiá.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios
- Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica no 2011, por Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, con Ana Romero Masiá.
- Primeiro premio da XXXVII edición do Certame Literario do Concello de Vilalba no 2011, por Río Alzheimer.
Notas
- ↑ "Los templarios". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Carlos Pereira Martínez na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.