Camilo de Dios Fernández

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth1933
Age92 years
The details

Biography

Camilo de Dios Fernández, nado en Sandiás en 1933, é un antigo guerrilleiro antifranquista, sindicalista e político galego.

Traxectoria

A súa nai Carmen Fernández Seguín actuaba de enlace para a oposición antifranquista logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 contra o goberno da II República, o seu pai estivo fuxido no monte, e o propio Camilo comezou a actuar tamén de enlace aos 13 anos. En 1948 incorporouse á loita armada contra o réxime no seo da 2ª Agrupación Guerrilleira, participou no ataque á fábrica de armas da Coruña. En xullo de 1948 formou nun grupo ao mando de Juan Sorga que intentou liberar aos líderes guerrilleiros condenados a morte que agardaban na cadea coruñesa, mais a captura de dous enlaces levou ao fracaso da operación. O 18 de marzo de 1949 foi ferido nun enfrontamento coa Garda civil en Ourense, detido e condenado a morte nun consello de guerra que se celebrou na Coruña, pero as autoridades conmutáronlle a pena pola de 30 anos pola súa pouca idade. Pasou a maior parte da súa condena en El Dueso e en 1959 as autoridades liberárono. Nos anos sesenta participou na organización das Comisións Campesiñas na comarca da Limia e na reorganización do PCE na provincia de Ourense. Foi detido en maio de 1971 acusado de propaganda ilegal. Foi concelleiro en Sandiás e Xinzo de Limia.

O seu testemuño aparece nos documentais A cidade da selva de Pilar Faxil e Helena Villares, Bandoleiros ou guerrilleiros de José Sanmartín e Alfredo García Pinal e en Camilo: o último guerrilleiro de Galicia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  •  
  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.