Bruno Schweiger

German engineer
The basics

Quick Facts

IntroGerman engineer
PlacesGermany
isEngineer
Work fieldEngineering
Gender
Male
BirthMunich, Upper Bavaria, Bavaria, Germany
The details

Biography

José Bruno Schweiger Damboech, nado en Múnic, foi un enxeñeiro e político alemán residente en Galicia.

Traxectoria

Vivía en Marín onde traballaba de enxeñeiro. Co seu irmán Juan eran contratistas de obras públicas. Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe da Centuria de Zapadores de Falange de Marín. Participou na represión dos republicanos da comarca de Pontevedra, sendo o xefe das brigadas de falanxistas que actúan en Marín, Cangas e Moaña. Participou nas execucións de Raimundo Rodríguez Neira e Carmen Pesqueira. A primeira falanxe de Zapadores de Marín incorporuse á fronte de Asturias en novembro de 1936 e en xaneiro de 1937 sumóuselle outra falanxe, quedando formada a 1ª Centuria de Zapadores de Falange Española Tradicionalista y de las JONS de Marín da que Bruno Schweiger foi o xefe. O 21 de febreiro de 1937 foi ferido gravemente, polo que se lle concedeu a "Medalla de Sufrimientos por la Patria" un ano despois. Logo de rematada a guerra foi vivir a Vigo.

Vida persoal

Casou con Bárbara Schaffer Meister, que finou en Lugo o 15 de xullo de 1941, e foi pai de Elisabeta e María Asunción Beatriz Schweiger.

Notas

  1. El Pueblo Gallego, 29-9-1935, p. 14.
  2. El Progreso, 14-7-1942, p. 3.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 19 Sep 2024. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.