Bernardino Vidarte Rivas

Ilustrador, caricaturista e debuxante galego
The basics

Quick Facts

IntroIlustrador, caricaturista e debuxante galego
PlacesSpain
wasArtist Illustrator Drawer Cartoonist
Work fieldArts Creativity
Gender
Male
Birth18 September 1910, Buenos Aires, Argentina
Death16 April 1981Mondoñedo, Lugo Province, Galicia, Spain (aged 70 years)
Star signVirgo
The details

Biography

Bernardino Vidarte Rivas, nado en Buenos Aires o 18 de setembro de 1910 e finado en Mondoñedo o 16 de abril de 1981, foi un ilustrador, caricaturista e debuxante galego.

Traxectoria

Con sete anos instalouse en Mondoñedo. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios de Mondoñedo, e directivo da Sociedade Deportiva de Mondoñedo. Colaborou en Papel de Color, El Progreso, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, Céltiga e Nós. Fixo caricaturas de Eduardo Lence-Santar e Álvaro Cunqueiro, e retratos de Pascual Veiga, Manuel Leiras Pulpeiro e Antonio Noriega Varela. Ilustrou a cuberta e contracuberta de De catro a catro de Manuel Antonio, a portada do poemario Fala d'as musas de Daniel Pernas Nieto, os poemas de Rimbaud, Iglesia Alvariño e Cunqueiro en Frol de Diversos e colaborou no primeiro número de Universitarios. Revista de la F.U.E.. Fixo os carteis dos maios mindonienses de 1934, pero a súa obra máis coñecida é o cartel que pedía o SI para o Estatuto de autonomía de Galicia de 1936, unha estrela de cinco puntas proxectando os seus raios candentes sobre unha cadea opresora co texto “Votar o estatuto é votar porque nos gobernemos con leises galegas. Naide sabe do noso máis que nós”.

Notas

  1. Alborada, 22-12-1935, p. 12.
  2. Requeixo, Armando (2014). "Estudo introdutorio". Daniel Pernas: Fala das Musas e outros poemas (PDF). Xunta de Galicia. pp. 21–22. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 17 Mar 2024. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.