Bernardino Arcay Novo

Mariñeiro e sindicalista galego
The basics

Quick Facts

IntroMariñeiro e sindicalista galego
PlacesSpain
isActivist Trade unionist
Work fieldActivism
Gender
Male
Birth1 February 1912, Malpica de Bergantiños, Spain
Age112 years
Star signAquarius
The details

Biography

Bernardino Arcay Novo, nado en Malpica de Bergantiños o 1 de febreiro de 1912, foi un mariñeiro e sindicalista galego.

Traxectoria

Mariñeiro. Membro do Sindicato de Obreros y Profesiones Varias de Malpica da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi chamado para o exército e fuxiu de Malpica con outros 10 republicanos en xuño de 1937 na lancha de motor Ciudad de Montevideo. Pasou á zona leal, chegou a bordo do cruceiro Galicia a Valencia e integrouse no Rexemento Naval Nº1; despois foi destinado ao arsenal de Cartaxena. En abril de 1938 fuxiu a Bizerta (Tunisia) e en setembro de 1939 ingresou detido en Rota (Cádiz). A finais de 1941 ingresou na Escollera (Ferrol). Debido aos informes desfavorables dalgunhas autoridades de Malpica, foi condenado no consello de guerra de abril de 1942 a 12 anos e un día, conmutados despois a seis. Pero once “persoas de garantía e solvencia” firmaron un manifesto ao seu favor (Modesto Ordóñez, José Mato, Pompilio Cachón, Santiago Cachón, Francisco Pombo, José Pombo, Pedro Lema, Antonio Montero, Jenaro Delgado, Evaristo Pose e Juan Delgado Criado). O 6 de agosto de 1942 concedéronlle a liberdade condicional e volveu a Malpica. A liberdade definitiva chegoulle en 1951.

Notas

  1. BOE, 26-9-1942, p. 8582.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2011). O mar e a memoria. O expediente Armesto. A Coruña: Laiovento. ISBN 978-84-8487-221-4. 

Outros artigos

  • Evasión do Ciudad de Montevideo

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 31 Dec 2019. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.