Benjamin Ashkenazy

dirigent
The basics

Quick Facts

Introdirigent
isMusician Conductor Composer
Work fieldMusic
Gender
Male
Birth28 March 1940, Sofia
Age84 years
The details

Biography

Benjamin Ashkenazy, nado en Sofía o 28 de marzo de 1940, é un compositor e director de orquestra israelí de orixe xudía búlgara.

Traxectoria

Ashkenazy emigrou coa súa familia a Israel en 1948, estudou composición con Yizhak Sadai e dirección de orquestra, piano e clarinete na Universidade de Tel Aviv e na Academia Rubin de Xerusalén. Ao retamar trasladouse a Europa perfeccionado os seus coñecementos cos directores Franco Ferrara, Roberto Benzi e Sergiu Celibidache. En 1973 estableceuse nos Países Baixos, onde estudou dirección de orquetra con Louis Stotijn e composición con Peter Schat no Real Conservatorio da Haia. Ashkenazy dirixiu orquestras nos Países Baixos, Polonia, Romanía, Italia, Israel e Bulgaria e mais é conselleiro musical e director convidado permanente da Orquestra Filharmónica de Vidin en Bulgaria e da Orquestra Filharmónica de Transilvania de Cluj-Napocca en Romania. Desde 1993 é director artístico do Festival Internacional de Música Clásica de Varsovia e é autor do libro The Systematical Proces in Solfege and Harmony (2000).

Composicións

Ashkenazy escribiu obras para orquestra como Metamorphosis 4-6-2-1 (1976), Caprice 4-1 (1978) ou The Shofar (1991), para música de cámara como Concerto for Trombone, Piano & Percussion (1981), Kinderkreuzzug-1939, para voz, violoncelo, piano e percusión (1981), Concerto for Vibraphone, Marimba, and Chamber (1986) ou Quintet Op. 30 para frauta, trombón, contrabaixo, piano e percusión (2006).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Control de autoridades
Control de autoridades
The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 16 Aug 2019. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.