Benito Plá Cancela

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth31 December 1812
Death3 June 1874 (aged 61 years)
The details

Biography

Benito María Plá Cancela, nado en Ferrol o 31 de decembro de 1812 e finado na Coruña o 3 de xuño de 1874, foi un avogado, escritor e político galego.

Traxectoria

Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e deseguida dedicouse á política obtendo acta de deputado pola provincia de Lugo en 1843, aos trinta anos. En 1863 volveu ser elixido deputado polo distrito da Coruña, e novamente en 1864 e 1867. Chegou a ser presidente do Congreso e director xeral da Débeda. Como deputado conseguiu a construción da liña de ferrocarril entre Ponferrada e A Coruña, á que se opuñan dende Zamora, pois pretendían que a liña fose por Zamora a Vigo. Fundou a Revista Jurídica de Galicia, da que dependía El Eco, e o Boletín Judicial de Galicia. Publicou algunhas obras sobre temas xurídicos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.