Baltasar Pardal Vidal

Spanish priest
The basics

Quick Facts

IntroSpanish priest
PlacesSpain
wasPriest
Work fieldReligion
Gender
Male
Religion:Catholic church
Birth18 August 1886, Spain
Death3 March 1963A Coruña, Spain (aged 76 years)
Star signLeo
The details

Biography

Baltasar Pardal Vidal, nado en Santa Cristina de Fecha (Santiago de Compostela) o 17 de agosto de 1886 e finado o 3 de marzo de 1963 na Coruña, foi un sacerdote católico galego.

Traxectoria

Naceu nunha familia campesiña, o terceiro de catro irmáns. En 1900 ingresou no seminario, e o 17 de decembro de 1910 foi ordenado sacerdote. Comezou o seu ministerio sacerdotal como párroco coadxutor de Santa María de Betanzos en 1912, e en 1913 trasladouse á Coruña como coadxutor de san Nicolao.

Alí fundou en 1923 a Grande Obra de Atocha, aprobada como instituto secular en 1951 das Fillas da Natividade de María. Catro anos máis tarde, o seu instituto chegou ao Uruguai e a Venezuela. Foi tamén cóengo da colexiata de Santa María do Campo na Coruña.

Finou o 3 de marzo de 1963, e está enterrado na capela da Grande Obra de Atocha na Coruña.

Recoñecementos

Unha rúa na cidade da Coruña leva o seu nome, así como outras rúas en Pontedeume e Betanzos.

Veneración

O 14 de decembro de 1996 comezou a súa causa de canonización na arquidiocese compostelá; a fase diocesana do proceso foi pechada en 2001 e a Positio foi enviada á Congregación para as Causas dos Santos en 2005. O 10 de maio de 2012 o papa Bieito XVI promulgou o decreto de virtudes heroicas, e declarouno "Venerable".

Notas

  1. "Pontedeume estrena la calle Baltasar Pardal". La Voz de Galicia. 20 de marzo de 2013. 
  2. "Betanzos le dedica una calle a Baltasar Pardal, fundador de la Grande Obra". La Opinión A Coruña. 10 de abril de 2016. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Couceiro Freijomil, Antonio (1954). Diccionario bio-bibliográfico de escritores III. Bibliófilos Gallegos. p. 22. 
  • Pérez López, Segundo Leonardo (2010). Baltasar Pardal Vidal, modelo de sacerdote diocesano. Santiago de Compostela: Instituto Teológico Compostelano. ISBN 978-84-937400-3-0. 
  • Seoane Faraldo, Teresa (1996). Una vida de fe y confianza. Baltasar Pardal Vidal. Deputación da Coruña. ISBN 84-89652-10-4. 

Ligazóns externas

Control de autoridades
Control de autoridades
The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 31 Dec 2019. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.