Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | artiste plasticien | |
A.K.A. | Bordalo II | |
A.K.A. | Bordalo II | |
is | Artist Painter Visual artist Graffiti artist Sculptor | |
Work field | Arts Creativity | |
Gender |
| |
Birth | 1987, Lisbon | |
Age | 38 years |
Biography
Artur Bordalo, máis coñecido polo alcume artístico Bordalo II ou Bordalo Segundo, nado en Lisboa en 1987, é un grafiteiro e artista plástico portugués. É neto do tamén pintor Artur Real Chaves Bordalo da Silva, coñecido como Bordalo.
Traxectoria
Estudou na Facultade de Belas Artes da Universidade de Lisboa.
A súa arte basease no emprego de residuos urbanos, guiado polo aforismo «o lixo dun pode ser o tesouro doutro». Tomando como punto de partida o graffiti, empregando pintura en spray, usa obxectos abandonados, desperdicios e refugallos procedentes de obras, ruínas de edificios, coches e fábricas, entre outros, mesturándoas e re-ensamblándoas para crear un novo obxecto artístico. Pretende deste xeito denunciar unha sociedade «extremadamente consumista, materialista e avariciosa» e promover a «sustentabilidade, conciencia ecolóxica e social». Como consecuencia, os seus graffitis son tridimensionais, ultrapasando en moitas ocasións os límites do plano do lenzo, converténdose en baixo-relevos e alto-relevos.
Características da súa obra son o emprego de cores rechamantes. Na temática, grande parte das súas instalacións representan animais (mapaches, raposos, cervos, peixes, bufos, cans, garzas, periquitos, ourizos, flamengos, saltóns, bolboretas, papagaios, lagartas, gatos, suricatas, picapeixes, abellas, etc.), que adoitan ser dispostas en diferentes espazos e superficies (habitualmente paredes e muros). Esta serie chámaa "Big Trash Animals", e dela di que «é unha serie en que eu uso lixo e desperdicio urbano para construír imaxes de animais, e a idea por detrás diso é construír imaxes da vítimas con aquilo que os destrúe». Outra boa parte da súa obra emprega as vías férreas como estrutura de fondo para elaborar os seus graffitis, neste caso habitualmente bidimensionais, nunha serie chamada "Railroad Tracks". Outras series temáticas de Bordalo II son "World Gone Crazy" e "Provocative Street Art".
As súas obras poden ser encontradas en Lisboa, Covilhã, Estarreja, Águeda (Portugal), Roma, Turín, Este (Italia), París (Francia) e Santiago de Chile.
Exposicións
Individuais
título | ano | galería / evento | lugar |
---|---|---|---|
Tornar o banal original | 2011 | Montana Shop & Gallery | Lisboa |
System Boys | 2013 | Outsiders Factory | Lausana |
World Gone Crazy | 2014 | Arte Periférica | Lisboa |
Pânico, drama, terror | 2015 | Arte Periférica | Lisboa |
Colectivas
evento | ano | lugar |
---|---|---|
Walk&Talk Street Art Festival | 2013 | Ponta Delgada |
Wool Urban Art Festival | 2014 | Covilhã |
Smart Travel Festival | 2014 | Braganza |
O Bairro i o Mundo Festival | 2014 | Loures |
Armazéns do Chiado Art Meeting | 2014 | Lisboa |
Elementi Sotterranei Street Art Festival | 2014 | Gemona del Friuli |
Montana Shop & Gallery "Mar Motto" | 2014 | Lisboa |
Life is Beautiful Festival | 2015 | Las Vegas |
Nuart Festival | 2015 | Stavanger |
From Trash to Art | 2015 | Bakú |
Graffiti Street Underground | 2015 | Londres |
Urban Forms Festival | 2015 | Łódź |
Ocean Climax Festival | 2015 | Berlín |
Agitágueda | 2015 | Águeda |
Observaria | 2015 | Estarreja |
Notas
- ↑ "About". bordaloii.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
I was born in Lisbon, 1987
- ↑ "Bordalo II – quando o lixo se torna arte". arquitecturaportuguesa.pt (en portugués). 1-5-2015. Arquivado dende o orixinal o 24-11-2017. Consultado o 29-5-2017.
- ↑ Mariana Pereira (11-2-2017). "Bordalo II: "Estou a criar imagens com o que destrói o mundo"". Diário de Noticias (en portugués) (Lisboa (Portugal)). Consultado o 29-5-2017.
- ↑ "About". bordaloii.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
I belong to a generation that is extremely consumerist, materialist and greedy. With the production of things at its highest, the production of "waste" and unused objects is also at its highest. "Waste" is quoted because of its abstract definition: "one man's trash is another man's treasure". I create, recreate, assemble and develop ideas with end-of-life material and try to relate it to sustainability, ecological and social awareness
- ↑ Magnetica Magazine (5-5-2016). "Strongbow - Bordalo II, LX Factory". YouTube (en portugués). Consultado o 29-5-2017.
- ↑ [https://www.facebook.com/BORDALOII/photos/a.303259783066265/1993544224037804/?type=3&theater "Plastic Lama" en Santiago de Chile, publicado en Facebook o 2-11-2018.
- ↑ Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (17-11-2011). "“System Boys” by Bordalo II". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
- ↑ Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (10-3-2013). "“Tornar o banal original” by Bordalo II". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
- ↑ Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (27-1-2014). "“World gone crazy” by Bordalo II". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
- ↑ Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (1-6-2015). "“Pânico, Drama, Terror” by Bordalo II". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
- ↑ Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (12-7-2013). "Walk & Talk 2013 coming". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
- ↑ Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (12-11-2014). "WOOL 2014". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
- ↑ Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (18-11-2014). "WOOL 2014 on residence". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
- ↑ Lusa (28-11-2014). "Smart Travel junta estrategas internacionais e mostra Nordeste Transmontano". Público (en portugués) (Lisboa (Portugal)). Consultado o 29-5-2014.
- ↑ Emanuel J.C. Costa (14-12-2014). "Loures. Quinta do Mocho uma galeria de arte urbana". Blog de Emanuel J.C. Costa (en portugués). Consultado o 29-5-2017.
- ↑ bizarrebeyondbelief (27-11-2014). "Bordalo ii – Grey Heron". Bizarre Beyond Belief (en inglés). Consultado o 29-5-2017.