Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 28 April 1955 | |
Age | 69 years |
Biography
Anxo González Guerra, nado en Trasar de Carballo (Cartelos, Carballedo) o 28 de abril de 1955, é un profesor galego.
Traxectoria
Estudou no Seminario de Lugo e formou parte da primeira promoción de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1980 deu clase no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, converténdose en catedrático en 1992. Colaborou coa Universidade de Vigo como docente na preparación do profesorado no CAP e no Mestrado de Secundaria.
No 2004 gañou canda a Rosario Sánchez-Gabriel e Marián Costa o Premio á innovación educativa sobre os temas transversais da Xunta de Galicia. En 2013 gañou xunto a Esperanza Gesteira e mais Rosario Sánchez-Gabriel o Premio Nacional de Educación á utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na docencia do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Xubilouse da docencia en abril de 2015.
Colaborou na redacción do Dicionario da Lingua Galega-Isaac Alonso Estravís (Ed. Alhena, 1986). Desde 2005 coordina canda a súa muller, Vitoria Ogando Valcárcel, a páxina web ogalego.eu.
Publicacións
- O idioma galego na poesía de Manuel Antonio. Edicións do Castro, 1981, Sada. ISBN 84-7492-076-0
- Manuel Antonio. Nós, 1982, A Coruña (con Xosé Ramón Pena). ISBN 84-7540-004-3
- Exercicios de lingua. Ed. Vía Láctea, 1987, A Coruña (con Vitoria Ogando Valcárcel). ISBN 84-86531-36-1
- "Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12-2010. ISSN 1698-7861
- Contos do avó Anxo para o neto Aldán. Autoedición, 2016. ISBN 978-84-16121-51-9