Antonio Pereiro Liñares
Spanish politician
Intro | Spanish politician | ||
Places | Spain | ||
was | Politician | ||
Work field | Politics | ||
Gender |
| ||
Birth | 8 April 1950, Tordoia, A Coruña Province, Galicia, Spain | ||
Death | 4 February 2019 (aged 68 years) | ||
Star sign | Aries | ||
Positions Held |
|
Antonio Pereiro Liñares, nado en Tordoia o 8 de abril de 1950 e finado o 4 de febreiro de 2019, foi un político galego do PPdeG.
Estudou bacharelato no Instituto Masculino da Coruña. En 1968 ingresou por oposición como auxiliar administrativo do concello de Tordoia e en 1982 pasou a administrativo. Nas eleccións municipais de 1995 foi cabeza de lista por unha candidatura independente, obtendo cinco concelleiros. Nas municipais de 1999 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.