Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Spaans journalist (1899-1986) | |
Places | Spain | |
was | Journalist | |
Work field | Journalism | |
Gender |
| |
Birth | 14 November 1899, Xinzo de Limia | |
Death | 29 July 1986Xinzo de Limia (aged 86 years) |
Biography
Antonio Nieto Oliva, nado en Xinzo de Limia o 14 de novembro de 1899 e finado no mesmo concello o 29 de xullo de 1986, foi un comerciante, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Fillo de Antonio Nieto. Fixo o servizo militar en Madrid e estivo en Melilla en 1923. Volveu a Xinzo de Limia para atender o comercio "La Moda" dos Herdeiros de Antonio Nieto. Colaborou en Juventud, El Agrario e El Látigo e fundou e dirixiu El Pueblo Antelano. Foi correspondente en Xinzo de Limia de El Pueblo Gallego, colaborou en Vida Gallega, e durante a década dos cincuenta de La Región. Tamén publicou artigos e poemas en Faro de Vigo, Nuevo Támega, Eco de Galicia e Alfar. Na Segunda República formou parte do comité provisional do Partido Agrario Regionalista. No franquismo foi secretario de Acción Católica e presidente do Casino Antelano en varias ocasións. Era curmán de Manuel Casado Nieto, co que mantiña unha estreita relación.
Obras
- Baixo o ceo de Melilla. Crónicas de África.
- Collar de estrellas. (Poemas galantes), 1933.