Biography
Lists
Also Viewed
The basics
Quick Facts
A.K.A. | Antonio Couceiro Méndez | |
A.K.A. | Antonio Couceiro Méndez | |
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 18 December 1955 | |
Age | 69 years |
The details
Biography
Antonio Couceiro Méndez, nado na Coruña o 18 de decembro de 1955, é un político galego.
Traxectoria
Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos (1978), diplomouse en Dirección Xeral de Empresas (1983) e en Planificación e Administración de Empresas (1985) pola Universidade Politécnica de Madrid. Foi director técnico de Construcións Metálicas José González Gómez (1979-1981) e director xerente de Xestión Urbanística da Coruña SA (1981-1990). Foi director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (1990-1993), director xeral de Formación e Emprego (1993-1994) e conselleiro de Industria e Comercio (1994-1999) co Partido Popular. Foi deputado no Parlamento de Galicia (1997-1999). Foi presidente da Autoridade Portuaria da Coruña dende outubro de 1999 ata o 2002.
Predecesor: Xoán Fernández | Conselleiro de Industria e Comercio 1994 - 1999 | Sucesor: Juan Rodríguez Yuste |
Predecesor: Juan Manuel Páramo Neyra | Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña 1999 – 2002 | Sucesor: Guillermo Grandío |