Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
A.K.A. | Antonio Castro García | |
A.K.A. | Antonio Castro García | |
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 1925 | |
Death | 9 October 2011 (aged 86 years) |
Biography
Antonio Castro García, nado en Ordes en 1925 e falecido en Santiago de Compostela o 9 de outubro de 2011, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado na cidade de Santiago. Vencellado ás cúpulas dirixentes locais durante o franquismo, foi membro do consello local do Movemento Nacional, e concelleiro compostelán polo terzo familiar. En xaneiro de 1974 foi designado alcalde de Santiago, posto no que permaneceu ata a chegada das primeiras eleccións municipais democráticas, en 1979. Baixo o seu mandato foi derrubado o Edificio Castromil, estando nunha posición favorable á súa desaparición. Militante primeiro de Alianza Popular e logo do Partido Popular, foi tamén director xeral de Xustiza na Xunta de Galicia.
Relacionado tamén co deporte santiagués, foi presidente do Obradoiro CAB e do club local de tiro olímpico, así como membro do consello de administración de El Correo Gallego, do que foi nomeado presidente de honra.
Predecesor: Francisco López Carballo | alcalde de Santiago 1974-1979 | Sucesor: José Antonio Souto Paz |
Galardóns
- Orde de San Raimundo de Peñafort
- Orde do Mérito da República Francesa.
Vida persoal
Casou con Filomena Carballal e foi pai de Antonio, Teresa e María José Castro Carballal.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Fallece en Compostela el exalcalde e ilustre jurista Antonio Castro, noticia de El Correo Gallego.