Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Gaiteiro e luthier galego | |
Places | Spain | |
is | Musician Bagpiper Musical instrument maker | |
Work field | Music | |
Gender |
| |
Birth | 11 July 1936, A Coruña, A Coruña Province, Galicia, Spain | |
Age | 88 years | |
Star sign | Cancer |
Biography
Antón Corral, nado na Coruña o 11 de xullo de 1936, é un artesán de instrumentos musicais galegos, gaiteiro e mestre de gaiteiros.
Traxectoria
Antón Corral entrou en contacto coa música no colexio tocando a bandurra e interesouse polos instrumentos tradicionais a través de Antonio Sandar, compoñente do grupo Os Amigos de Lugo. A súa primeira actuación foi cun grupo de rapaces chamado Os Garabullos do Alto. Durante o servizo militar tocou o clarinete na banda militar. Logo de licenciarse meteuse de cheo no mundo da gaita, e tocou cos Modernos de Lugo e Os montes de Lugo, cos que tivo máis participación. Paralelamente, tocaba coa Sección Femenina e impartía clases de gaita en Cantigas e Frores.
Deixou de traballar como axente comercial por problemas de saúde e, animado polo veterano gaiteiro cuntiense coñecido como O Patelas, comezou o seu labor como artesán en 1974 en Lugo. En 1979 pasou a Ortigueira chamado pola Escola de Gaitas. Debido á falta de apoios económicos trasladouse novamente a Lugo, onde tentou formar un equipo con antigos alumnos como Carracedo, Ramón Casal, e o seu fillo Carlos Corral. Alí formaron un taller de artesáns chamado Soutelo de Montes, xa que a intención de formar unha cooperativa non prosperou. En 1983 trasladouse a Vigo para dirixir o Obradoiro de instrumentos da Universidade Popular de Vigo até 2000, ano en que se retirou.
Antón Corral interesouse por perfeccionar a gaita, traballando especialmente no timbre e na afinación do punteiro e experimentando con novas tonalidades.
Fundou e dirixe a banda de gaitas Xarabal de Vigo, coa que ten gravado dous discos de intención didáctica. Tamén fundou unha escola de artesáns que continúan Ramón Casal e o seu fillo Carlos.
Premios e galardóns
- Primeiro premio "Artesán distinguido" a nivel nacional. Madrid (1977)
- Primeiro premio "Diseño" do Ateneo de Ourense. Ourense (1983)
- Primeiro premio "Gaita de Ouro" do Ateneo de Ferrol. Ferrol (1996)
- Primeiro premio "Reconquista de Vigo". Vigo (1990)
- Primeiro premio da crítica musical. Círculo Ourensán de Vigo. Vigo (2001)
- Nomeado Vigués Distinguido en 2001