Antoliano Correa Jamardo

Xastre e político galego
The basics

Quick Facts

IntroXastre e político galego
PlacesSpain
wasTailor Politician
Work fieldFashion Politics
Gender
Male
Birth1888, Padrón, A Coruña Province, Galicia, Spain
Death1 December 1936Santiago de Compostela, A Coruña Province, Galicia, Spain (aged 48 years)
The details

Biography

Antoliano Correa Jamardo, nado en Padrón cara a 1888 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1936, foi un xastre e político galego.

Traxectoria

Tiña unha xastrería na rúa Gasset y Artime de Padrón. Foi dono dun salón de baile en Padrón. Coa República foi elixido concelleiro de Padrón, encadrándose na ORGA. Logo da dimisión do alcalde Jesús Gómez García e da elección de Ramón Piñeiro Eiriz, foi elixido terceiro tenente-alcalde en marzo de 1932. Pertenceu á directiva do Flavia S. C. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e recluído no cárcere de Padrón até o 30 de agosto que foi trasladado á prisión de Santiago de Compostela. Xulgado en consello de guerra en Compostela acusado de traizón o 16 de novembro con Andrés Rey Baltar, Francisco Castaño Otero, Jaime Caamaño Comparada e José Millares Gil, foron condenados a pena de morte. Foron executados no cemiterio de Boisaca o 1 de decembro de 1936. Posteriormente fóronlle incautados os seus bens.

Vida persoal

Casou en Padrón con Ángeles Forján en 1916, e foi pai de María de los Angeles e Margarita Correa Forján.

Notas

  1. Nalgunhas fontes figura como Antonino Correa Jamardo.
  2. El Pueblo Gallego, 20-4-1930, p. 9.
  3. El Ideal Gallego, 11-12-1927, p, 4.
  4. El Pueblo Gallego, 28-4-1931, p. 12.
  5. El Pueblo Gallego, 18-3-1932, p. 10.
  6. El Pueblo Gallego, 23-10-1932, p. 10.
  7. El Compostelano, 17-11-1936, p. 2.
  8. Gaceta de Galicia, 21-10-1916, p. 1.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 28 Oct 2023. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.