Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Spanish political scientist | |
Places | Spain | |
is | Political scientist | |
Work field | Politics | |
Gender |
| |
Birth | 1974, Santiago de Compostela, A Coruña Province, Galicia, Spain | |
Age | 51 years |
Biography
Antía Mato Bouzas, coñecida literariamente como Antía Nara, nada en Santiago de Compostela en 1974, é unha politicóloga, tradutora e novelista galega en lingua galega.
Traxectoria
Licenciouse e fixo un mestrado en Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela, onde fixo estudos sobre migracións. Proseguiu a súa formación na Universidade Jawaharlal Nehru, en Nova Delhi, no King's College e mais na Escola de Estudos Orientais e Africanos (SOAS) da Universidade de Londres, un dos centros punteiros do mundo no estudo de Asia e de África. En 2005 regresa a España e prosegue a súa investigación na Universidade Nacional de Educación a Distancia, dentro do Instituto Universitario Gutiérrez Mellado, onde se doutora. Traballa cunha bolsa na delegación da Comisión Europea en Dacca (Bangladesh) en 2006, e posteriormente trasládase a Berlín para incorporarse ao Zentrum Moderner Orient, onde realiza estudos sobre a área xeográfica de Caxemira e a rexión fronteiriza entre India e Paquistán.
Como novelista, a súa primeira novela publicouna en 2007. Recuncou nas letras case unha década despois, en 2016, coa súa segunda novela.
Obra
En galego
- Aquel lugar (Xerais, 2007)
- Cara ao leste (Xerais, 2016).
En castelán
- India y Pakistán. Conflicto y negociación en el sur de Asia (Biblioteca Nueva, 2011)
Tradución
- Luces fóra, de Manjula Padmanabhan (Universidade da Coruña, 2006), publicada so o seu nome real de Antía Mato Bouzas.
Notas
- ↑ Biblioteca Nacional de España: "Mato Bouzas, Antía (1974-)" e "Nara, Antía (1974-)"
- ↑ Web da biblioteca da Universidade de Wisconsin-Madison
- ↑ "Web do Zentrum Moderner Orient". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2016. Consultado o 21 de febreiro de 2016.
- ↑ Recensión de India y Pakistán. Conflicto y negociación en el sur de Asia Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. por Esther Barbé Izuel. (en castelán)
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Obra de Antía Nara en Dialnet.