Ángel Baltar Cortés

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth12 March 1868
Death30 March 1934 (aged 66 years)
The details

Biography

Ángel Baltar Cortés, nado en Padrón o 12 de marzo de 1868 e finado o 30 de marzo de 1934, foi un médico galego.

Traxectoria

Fillo de Ángel Baltar Varela o que fora alcalde de Padrón, Ángel Baltar estudou bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela, rematando en 1884. Estudou na Facultade de Medicina e licenciouse con sobresaínte no ano 1893. No Hospital Provincial realizou as prácticas como médico interno e foi nomeado médico rural de Rois. En 1898 casou en San Xulián de Requeixo, Pontecesures, con Isabel Domínguez. En 1923 foi nomeado director do Gran Hospital, do que foi cirurxián durante trinta anos. Co doutor Varela funda en 1908 o Sanatorio Baltar. En 1909 viaxou a Berlín para observar as últimas técnicas da súa especialidade. En 1915 creou un laboratorio e deseñou aparellos.

Trala súa morte foi enterrado no cemiterio de Padrón. Na súa memoria creouse a Fundación Baltar, adicada a repartir bolsas a licenciados para estudos de cirurxía no estranxeiro. O Concello de Padrón, en agosto de 1947 púxolle o seu nome a unha praciña, a Praza de Baltar.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Ramón Baltar Domínguez (fillo de Ángel Baltar Cortés)
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.