Ana Isabel Boullón Agrelo

Lingüista galega
The basics

Quick Facts

IntroLingüista galega
PlacesSpain
isLinguist Professor Educator
Work fieldAcademia Literature Social science
Gender
Female
Birth1 April 1962, A Pobra do Caramiñal, A Coruña Province, Galicia, Spain
Age62 years
Star signAries
Education
University of Santiago de Compostela
The details

Biography

Ana Isabel Boullón Agrelo, nada na Pobra do Caramiñal o 1 de abril de 1962, é unha lingüista galega. Dende 2012 é membro correspondente da Real Academia Galega.

Traxectoria

Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse coa tese Contribución ó estudo da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1993), e é profesora da mesma universidade. Traballa en temas relacionados coa lingua e a toponimia. Participou na elaboración do Dicionario normativo galego-castelán (1988), Vocabulario comercial básico (1988), Dicionario escolar galego (1990), Léxico administrativo castelán-galego (1991) e do Dicionario dos nomes galegos (1992). É colaboradora das revistas Verba e Cadernos da Lingua e no proxecto PATROM (Patronymica Romanica) para a elaboración do Ditionnaire historique des noms de famille romans.

Obras

Ensaio

  • Contribución ó estudo do léxico de Valentín Lamas Carvajal, 1986.

Obras colectivas

  • Ferro, Xesús (dir.); Ana Isabel Boullón Agrelo, Xesús Ferro Ruibal, Xosé M. García Álvarez, Xosé María Lema Suárez, Fernando R. Tato Plaza (1992). Diccionario dos nomes galegos. Vigo: Ir Indo. p. 664. ISBN 84-7680-096-7. 
  • Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro, 1992.
  • Guía bibliográfica da lingüística galega, 1996.
  • Homenaxe a Pilar Vázquez Cuesta, 1996.
  • Homenaxe a Ramón Lorenzo, 1998.

Como editora

  • Teatro de máscaras, de Ramón Otero Pedrayo, 1989 (con Fernando R. Tato Plaza)

Como tradutora

  • Un ordenador nada ordinario, de Michele Kahn, 1990.
  • A cripta do apóstolo, de Pere Tobaruela, 2010, Xerais.
  • Poñente, de Pere Tobaruela, 2011.
  • Resurrección, de Lea Tobery, 2011, Xerais.
  • Vapor, de Lea Tobery, 2014, Xerais.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 14 Jul 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.