Alfredo Bautista Alconero

Debuxante e político galego
The basics

Quick Facts

IntroDebuxante e político galego
PlacesSpain
wasDrawer Politician
Work fieldArts Politics
Gender
Male
Birth1912, Ponteareas, Pontevedra Province, Galicia, Spain
Death13 December 2000O Porriño, Pontevedra Province, Galicia, Spain (aged 89 years)
The details

Biography

Alfredo Bautista Alconero, coñecido como Reisiño e Rey, nado en Ponteareas o 4 de novembro de 1912 e finado no Porriño o 13 de decembro de 2000, foi un debuxante e político galego.

Traxectoria

Facía caricaturas e debuxaba os carteis do cine de Ponteareas. Militante das Juventudes Socialistas Unificadas. Futbolista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 21 de xullo co seu irmán Manuel Bautista Alconero Piruel. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua. Catro días despois conmutáronlle a pena por 30 anos de cárcere. Cumpriu a condena no campo de concentración da Illa de San Simón, onde fixo caricaturas de varios dos alí recluídos. Saíu en liberdade en 1940, casou e instalouse no Porriño. Traballou en Zeltia e foi adestrador deportivo.

Recoñecementos

O Seminario de Estudos Porriñeses Alfredo Bautista Alconero leva o seu nome.

Vida persoal

Casou con Charo Hermida.

Notas

  1. El Tea, 16-11-1912, p. 72.
  2. La Voz de Galicia, Vigo, 15-12-2000, p. 72.
  3. "Seminario de Estudos Porriñeses Alfredo Bautista Alconero". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-157-5. 
  • Antonio Caeiro e outros (1995). Aillados.

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 31 Aug 2023. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.