Alfonso Zulueta de Haz

Notario e intelectual galego
The basics

Quick Facts

IntroNotario e intelectual galego
PlacesSpain
Gender
Male
Birth9 May 1924, Vigo
Death27 June 2017Vigo (aged 93 years)
The details

Biography

Alfonso Zulueta de Haz, nado en Vigo o 8 de maio de 1924 e finado en Vigo o 27 de xuño de 2017, foi un notario e intelectual galego. Foi presidente do Consello da Cultura Galega entre 2002 e 2006.

Traxectoria

Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como notario en Gaucín (Málaga), Marín e Vigo, onde residiu.

Foi un dos fundadores e primeiro presidente do Ateneo de Pontevedra (1966-1969), tamén foi presidente da Editorial SEPT, especializada en obras relixiosas. Zulueta de Haz foi un dos fundadores do Partido Galego Social Demócrata en 1974 e exerceu como o seu vicepresidente ata 1978 ao se unir o seu partido co Partido Popular Galego para dar nacemento ao Partido Galeguista. Zulueta de Haz foi membro do pleno do Consello da Cultura Galega desde 1996 e á morte de Carlos Casares foi elixido o seu presidente o 17 de abril de 2002.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  •  
  •  
  •  

Outros artigos

  • Carlos Zulueta de Haz


Predecesor:
Carlos Casares
 Presidente do Consello da Cultura Galega 
2002 - 2006
Sucesor:
Ramón Villares
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.