Alfonso Hermida

صحفي إسباني
The basics

Quick Facts

Introصحفي إسباني
PlacesSpain
isJournalist
Work fieldJournalism
Gender
Male
The details

Biography

Alfonso Hermida Mejuto é un xornalista galego coñecido polos seus traballos televisivos na Televisión de Galicia.

Traxectoria

Durante varios anos estivo á fronte do programa deportivo da fin de semana da canle autonómica galega que se encarga principalmente de cubrir a xornada futbolística, En Xogo. Por este traballo conseguiu o Premio Mestre Mateo ó mellor comunicador de tlevisión no ano 2004.

En 2005 foi relevado por Carlos Macía e Jessica Figueroa á fronte de En Xogo para incorporarse ós informativos como presentador xunto a Begoña Fontenla e Araceli Gonda o Telexornal Mediodía, no que se ocupa tamén da edición.

Como membro dos servizos informativos, fixo coberturas especiais de diversos acontecementos, destacando o éxito de Óscar Pereiro no Tour de Francia 2006, ou o especial das elección municipais celebradas en maio de 2007.

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.