Alfonso Fandiño Ricart

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth1908
The details

Biography

Alfonso Fandiño Ricart, nado en Santiago de Compostela cara a 1908 e finado na Coruña nos anos noventa, foi un militante anarcosindicalista galego.

Traxectoria

Pintor de profesión e militante anarcosindicalista como os seus irmáns Antonio e Manuel, cando aconteceu a sublevación do 18 de xullo de 1936 era secretario da Federación Local de Sindicatos de Santiago de Compostela integrada na CNT. Artellou a expedición proletaria que saíu en axuda dos obreiros coruñeses. Fracasada a resistencia, fuxiu dende Muros nun bou cara a Francia. Dende alí volveu a Asturias e foi un dos animadores da Agrupación Confederal Galaica de Asturias e xa en Valencia da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. Coa derrota da República, marchou ao exilio en Francia. Regresou á Coruña nos anos sesenta e defendeu a volta da CNT á legalidade previo pacto cos xerarcas falanxistas da CNS. Cando caeu o franquismo, militou na CNT.

Véxase tamén

Bibliografía

  •  
  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.