Alejandra Martínez-Murguía de Castro, máis coñecida como Alejandra Murguía, nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1859 e finada na Coruña o 22 de marzo de 1937, foi unha debuxante galega.
Traxectoria
Foi a filla máis vella de Manuel Murguía e Rosalía de Castro (que casaran o 10 de outubro de 1858 na igrexa de San Ildefonso de Madrid) e afillada de Alejandro Chao. Alejandra foi, canda Serafín Avendaño, mestra do seu irmán, o pintor Ovidio Murguía.
Rexeitou unha praza de restauradora no Museo do Prado. Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, na que deseñou a cabeceira que se empregou dende o 20 de xullo de 1879.
Finou solteira e sen descendencia.
Galería de imaxes
| Debuxo da súa nai Rosalía de Castro. |
| Placa na casa en que naceu, en Santiago. |
| A familia Murguía-Castro en 1883 ou 1884, Alejandra é a da dereita de todo. |
| Cemiterio de Santo Amaro da Coruña. |
|
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas