Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Spanish politician | |
Places | Spain | |
is | Businessperson Politician | |
Work field | Business Politics | |
Gender |
| |
Birth | 1 August 1934, Dozón, Pontevedra Province, Galicia, Spain | |
Age | 90 years | |
Star sign | Leo | |
Politics: | People's Party |
Biography
Adolfo Campos Panadeiros, nado en Dozón o 1 de agosto de 1934, é un empresario e político galego, alcalde de Dozón de 1987 a 2020.
Traxectoria
Como empresario é presidente de Nucamsa e administrador do Matadoiro Comarcal de Deza Lalín, ademais de rexentar unha gasolineira.
Emigrou a Venezuela. Retornou a mediados dos sesenta e instalouse en Lalín, invertendo en negocios de hostalería e espectáculos e despois nunha fábrica de pensos. Comezou a súa carreira política como concelleiro de Lalín en 1976. Afiliouse á UCD e nas primeiras eleccións democráticas presentouse no segundo posto desa candidatura en Lalín e foi elixido concelleiro. En 1983 encabezou a lista do Partido Galeguista á alcaldía de Dozón que acadou cinco concelleiros, pero non obtivo a maioría. Nas eleccións municipais de 1987 foi o cabeza de lista de Independentes de Dozón, que aínda que só obtivo 3 dos once concelleiros, grazas a unha tripla alianza logrou proclamarse alcalde. Conseguiu a maioría absoluta nas municipais de 1991, xa no Partido Popular. Desde entón revalidou sempre a maioría.
Foi condenado por prevaricación en febreiro de 2008 a nove anos de inhabilitación por adoptar unha serie de resolucións contrarias aos dereitos da funcionaria municipal Ana Lois Navaza, que o denunciou por acoso laboral. Logo da apelación de Campos, a Audiencia Provincial declarou en xullo de 2008 a nulidade parcial da sentenza e o reenvío da causa ao Xulgado do Penal para que ditase unha nova resolución.
En novembro de 2015 foi detido no marco da Operación Qatedra, pedindo días despois a súa baixa como militante do PP, e continuando na alcaldía como non adscrito.
En xuño de 2020 dimitiu de alcalde e de concelleiro, por razóns de saúde, e foi substituído na alcaldía polo fillo Adolfo Campos Vázquez. Campos Vázquez xa viña presidindo os plenos municipais desde había uns meses, precisamente pola saúde do pai.
Predecesor: Manuel Crespo Vázquez | Alcalde de Dozón 1987 - 2020 | Sucesor: Adolfo Campos Vázquez |
Notas
- ↑ "Os socialistas esixen que Adolfo Campos deixe de ser alcalde", artigo en Galicia Hoxe, 26 de marzo de 2008.
- ↑ "Anulada a sentenza de inhabilitación do rexedor de Dozón", artigo en Vieiros, 9 de xullo de 2008.
- ↑ O BNG de Dozón esixe a dimisión de Adolfo Campos e o seu fillo tras a súa detención, La Voz de Galicia, 29/11/2015.
- ↑ "Adolfo Campos deja la Alcaldía de Dozón tras 33 años en el cargo". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-06-26.
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Dozón